ORIENTACIONES XERAIS ÁS FAMILIAS
CURSO: 2008-2009
1.- SECRETARÍA:
· O horario de secretaría será de 10 a 13 horas, durante o mes de xullo.
· Durante o mes de agosto o colexio permanecerá pechado. As persoas que necesiten algunha información do Centro deberán solicitala antes de finalizar o mes de xullo.
· Os alumnos/as que necesiten algún documento deben solicitalo cun día de antelación.
· Poden solicitar beca os alumnos/as que van a cursar 1º e 2º de Bacharelato o próximo ano. Os alumnos/as que aprobaron todas as asignaturas en xuño presentarán as solicitudes no Centro entre os días 2 e 23 do mes de xullo.
· Os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria, novos no Centro, deberán traer 8 fotografías tamaño carnet, ademais das que pegarán nas tarxetas. Devanditas tarxetas estarán plastificadas para colocar no mandilón e uniforme, e nelas ha de constar "Torrecedeira" ou "Pi e Margall", segundo saian por un lugar ou polo outro. Estes alumnos traerán tamén un Certificado Médico no que conste que non padecen enfermidade infecto-contaxiosa algunha.
· Os alumnos/as de 4 anos que xa están no Centro traerán 5 fotografías. O resto dos alumnos/as traerán 3 fotografías.
2.- DATAS DE EXÁMES DE SETEMBRO:
Os exames correspondentes á convocatoria de setembro para os alumnos/as da ESO (1º, 2º, 3º e 4º) e de Bacharelato (1º e 2º) realizaranse de acordo coas seguintes datas e horarios:
2º Bacharelato
9- 10,30
10,45-12,15
12,30-2
16-17,30
1 Luns
Química / Xeog.
Filosofía
Galego
Economía / Física
2 Martes
Mate / Mat. Apl.
Bio. / Deb./ Latín
Ling.Cast.
3 Mércores
Inglés
Historia
1º Bacharelato
1 Luns
Fís.e Quím. / Historia
Filosofía
Galego
2 Martes
Matem. / Mat.Apl.
Biol./Latín/Debuxo
Ling. Cast.
Relixión
3 Mércores
Inglés
Tecn./Econ.
E.F.
4º ESO
1 Luns
Matemáticas
Inglés
Ética
E.F.
2 Martes
Fís.Quím./ Cul.Clás.
Ling. Cast.
Galego
Relixión
3 Mércores
Tecnol. / Bio./ Música
TEE./ Francés
C. Sociais
Plástica
3º ESO
16-17,30
17,45-19,15
1 Luns
Matemáticas
Inglés
Tecnoloxía
Fran|TIE
E.F.
2 Martes
Fís.Quím.
Ling. Cast.
C. Sociais
Plástica
3 Mércores
Bioloxía
Galego
Música
Relixión
2ºESO
1 Luns
Inglés
C. Naturais
C. Sociais
TCO / T.Mat. / Francés
2 Martes
Ling. Cast.
Galego
Tecnoloxía
Relixión
3 Mércores
Matemáticas
Música
E.F.
1º ESO
1 Luns
Inglés
C. Naturais
C. Sociais
2 Martes
Ling. Cast.
Galego
Francés
Relixión
3 Mércores
Matemáticas
Plástica
E.F.
3.- CURSO 2008-2009
A data de comezo de curso será:
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: todos os alumnos entrarán por Pi e Margall o día 11 de setembro de acordo co seguinte horario:
- Ás 10:30 horas: Educación Primaria (1º a 6º). A hora de saída será ás 12:30.
- Ás 11:30 horas: Educación Infantil 3, 4 e 5 anos. Este día acompañaranlles os seus pais, que permanecerán con eles ata a hora de saída.
- Non haberá servizo de transporte neste día de presentación.
ESO E BACHARELATO:
- Día 16: ás 10,30 horas, presentación de titores e entrega de horarios.
- Día 17: Comezo oficial de curso.
- Día 18: Comezo da actividade lectiva.
4.- HORARIOS DO CURSO:
Mañá: Educación Infantil e Educación Primaria de 9:20 a 12:30 h.
ESO e BACHARELATO de 8:45 a 14:00 h.
Tarde: As clases serán de 15:20 a 17:30 para todos os cursos de Educ. Infantil e Educ. Primaria.
ESO: de 16 h a 17:50 h. Dispoñen de dúas tardes libres.
BACHARELATO: saen dous días á semana ás 18:45 horas, as demais tardes son libres.
No mes de setembro as clases serán de xornada única. Educación Infantil e Educación Primaria de 9 a 14 h.
Os demais cursos de 8:45 a 14:00.
5.- TRANSPORTE:
Haberá autocares ás horas de entrada e de saída. Os que necesiten este servizo chamen ao teléfono de recepción do centro 986-22 95 20
6.- ACOLLIDA MATINAL:
Este servizo ofrécese aos alumnos de E. I. e Primaria desde as 8.30 h. ata a hora de entrada ás clases (9.20)
7.- COMEDOR:
O Colexio dispón deste servizo que pode ser utilizado todos os días ou de modo eventual. O comedor escolar funcionará desde o 12 de setembro ata fin de curso. Para máis información, chamar a recepción ao 986 22 95 20
8.- TEXTOS:Achegamos as listas coa relación dos textos. Non poñades os nomes dos alumnos nos libros ata que, comezado o curso, asegurédesvos de que non hai erro. Fixádevos na data de edición, debe de ser a sinalada na lista.
9.- UNIFORME:
Os alumnos/as desde os 3 anos, de Ed.Infantil ata 2º da ESO, han de vir correctamente uniformados. O modelo de uniforme estará exposto en recepción (rogamos respécteno). Recordamos que os zapatos serán azuis ou negros, nunca con plataforma. Os tenis dos alumnos/as de E. Infantil convén que sexan brancos con pechadura de "velcro" para facilitar o seu calzado. Os pantalóns dos nenos de 3 anos deben de ter goma na cintura para evitar o cinto e os tirantes.
O uniforme de Educación Física consta dunha camiseta branca co escudo do Colexio, NON CON OUTRAS ESTAMPACIONES NIN CORES e pantalón curto azul co devandito escudo. Tamén deberán utilizar o chándal do Colexio. Todas as prendas deberán estar marcadas para a súa identificación.
En Infantil e Primaria, o mandilón é unisex, suprimíndose os que pechan no lateral esquerdo. Os comprementos: lazos, diademas, etc. han de ser brancos ou azuis. As bolsas da merenda deben ser pequenas.
Os alumnos/as da ESO utilizarán unha bata branca cando vaian aos laboratorios.
10.- PÁXINA WEB DO COLEXIO:
O Colexio dispón dunha páxina Web, cuxa dirección é www.hhcarmelitas.com, na que poden acceder a toda a información dispoñible. Nela está exposta a lista dos libros de texto, os horarios, o modelo de uniforme e outras informacións.
Desexando que gocedes dunhas felices vacacións, saúdavos:
Asdo. A Directora
Concepción Fernández López