PRAZOS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS:

1.- DO 1 AO 20 DE MARZO: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
2.- DO 23 DE MARZO AO 5 DE ABRIL: PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN DO BAREMO.
3.- ANTES DO 25 DE ABRIL: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. (Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes).
4.- ANTES DO 15 DE MAIO: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNOS.

 

O COLEXIO PERTENCE ÁS ZONAS EDUCATIVAS:

  • Nº 8 (INFANTIL E PRIMARIA):Comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguida da Avda. de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluindo nesta zona a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de Carneiras-Matamá.

 

  • Nº 2 (EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA):Comprende a banda esquerda da rúa Coruña (subindo dende Beiramar) ata a praza de Eugenio Fadrique, collendo pola rúa Tomás A. Alonso (banda esquerda) ata López Mora (banda esquerda), rúa José Frau (esquerda) ata a praza da Independencia, subindo por Pintor Colmeiro (esquerda) ata o cruce coa rúa Salamanca (esquerda) e collendo por ésta ata o cruce coa Gran Vía e subindo por ésta (tódala marxe esquerda) ata chegar ó cruce coa rúa Urzáiz e baixando por ésta tódala marxe esquerda ata chegar a Montero Ríos (zona centro).

  

O  CENTRO  COMUNICA  QUE  HAI  PRAZAS  VACANTES  PARA:

ETAPA

Curso/nivel

Grupos

Vacantes

4º EI

2

44 + 6 NEAE

Educación Infantil

5º EI

2

1

6º EI

2

5

1º EP

2

1 + 6 NEAE

2º EP

2

20

Educación Primaria

3º EP

2

5

4º EP

2

0

5º EP

2

2

6º EP

2

0

                              

3

33 + 6 NEAE

ESO

3

35

3

23

3

30

BACHARELATO

Hai vacantes en 1º e 2º

v  NORMATIVA: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/3/2013) e Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017). Poden consultala pinchando no enlace correspondente na web do Colexio ou tamén na páxina da Xunta de Galicia.

 v  Criterio complementario: O Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Vigo ven de establecer como "criterio complementario" para a baremación no proceso de solicitude de admisión, a circunstancia relevante e xustificada de ser fillo/a de antigo/a alumno/a do noso centro en primeiro lugar ou doutros centros de Carmelitas.

              A valoración deste criterio é de 1 punto.

       Este criterio complementario acreditarase cunha certificación da Secretaría do Centro na que se expoña que é antigo/a alumno/a do mesmo, co visto e prace da Dirección.

 NOTA IMPORTANTE: 

  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción.A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado do centro que presente solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado con reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 Servizos Complementarios que ofrece o Centro:

ü  Acollida Matinal

ü  Comedor

ü  As actividades extraescolares que ofrece o centro figuran na páxina web.