Este curso contamos con varios dos membros da Asociación DISCAMINO para a presentación do obxectivo.

iniciocurso

A proximidade, cordialidade, sinxeleza e ánimos tan positivos que nos transmitiron é o mellor dos testemuños que podemos ofrecerlles aos nosos alumnos.DisCamino é unha Asociación creada para lograr que calquera persoa discapacitada poida gozar de todo o que a peregrinación ofrece a calquera outro peregrino do camiño.Pero DisCamino non só é a ruta, é a preparación física e mental necesaria para levar a cabo este reto; é o     compañeirismo que xorde nos retos compartidos, é a ilusión de implicarse en algo que cambiará a túa vida e encheraa de significado; é o día a día de moitas persoas que, aínda que nunca vaian poder pedalear, teñen necesidade de algo, ou de alguén, que lles axude ou acompañe no seu paso por este mundo.

Javier Pitillas, díxoo ben claro: Se se quere pódese, e con estes exemplos é fácil encarar o novo curso, e calquera dificultade que nos xurda na vida.
Grazas por vir  e esperemos que algún se anime a colaborar con eles.

inicio2