Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
A secretaría permanecerá aberta nestes días para presentar as solicitudes en horario de 9 a 13 h.
Para calquera dúbida poden contactar connosco a través do teléfono ou do correo electrónico do colexio desde hoxe.