Idade: 6-12 anos.educacion

Carácter: Obrigatorio

Organización: A educación primaria comprende seis cursos académicos cada un e  organízase en áreas que serán obrigatorias e terán un carácter global e integrador:

— 1º e 2º E.P. (6 e 7 anos)

— 3º e 4º E.P. (8 e 9 anos)

— 5º e 6º (10 e 11 anos)

Duración: 6 Cursos académicos.

Obxectivos:

— Utilizar de maneira apropiada a lingua castelá e lingua galega, así como comprender e expresar mensaxes sinxelas en linguas estranxeiras.

— Aplicar a situacións da vida cotia operacións sinselas de cálculo e procedementos lógxcos elementais.

— Adquirir habilidades que lle permitan desenvolverse con autonomía no seu ámbito vital, apreciando os valores básicos que rixen a vida e a convivencia.

— Coñecer as características fundamentais do seu entorno, utilizando os medios de representación e expresión artística.

—Desenvolver valores de respecto e promoción o seu propio corpo, da natureza e do medio ambiente.

O rematar o 6.º curso o alumnado  incorporase o Primeiro Ciclo da ESO.

Programacións.