servicio3

O centro imparte, ademais da materia curricular de Lingua Inglesa, outras materias neste idioma:
• Plástica e Educación Física en distintos curso de Primaria de xeito que en todos os cursos da etapa hai unha ou dúas materias non lingüísticas en inglés.
• Unha ou dúas materias, segundo curso, dende 1º a 4º da ESO.

Seguimos a participar no proxecto Beda. Este proxecto en colaboración con outros centros de toda España consiste nunha implantación gradual do ensino bilingüe Español-Inglés no Colexio reforzando e ampliando determinados aspectos da vida educativa lingüística do Currículo e do ámbito escolar, a través de 3 pilares básicos:
• Incremento cualitativo e cuantitativo do ensino do inglés.
• Formación específica do profesorado.
• Avaliación externa con Cambridge para alumnos, profesores e persoal do centro.

Seguimos a contar no presente curso con auxiliares de conversa dende 5º de Primaria que permite mellorar a competencia lingüística dos nosos alumnos.

O noso colexio é centro examinador dos exames de Cambridge e cada ano obteñen un diploma que acredita as súas destrezas en inglés.

E ademáis a posibilidade de facer o Bachillerato Dual Americano.