Intelixencias Múltiples e Aprendizaxe Cooperativa: a unión de dúas metodoloxías para lograr un novo paradigma en educación.inteligenciasmultiplesbrown

A teoría das Intelixencias Múltiples é un modelo proposto por Howard Gardner no que a intelixencia non é vista como algo unitario e estático, senón como un conxunto de intelixencias diversas, independentes e dinámicas, que poden ser moldeables cun axeitado adestramento. Segundo Gardner posuímos oito intelixencias: lingüística, musical, lóxica matemática, espacial, corporal - kinestésica, intrapersoal, interpersoal e naturalista. As devanditas intelixencias poden desenvolverse e mellorarse a través da práctica e a aprendizaxe.

Empregar o marco das Intelixencias Múltiples na aula refórzase tremendamente se, ademais, o profesor ensina os seus alumnos a traballar cooperativamente. A estruturación cooperativa da aprendizaxe require estruturar a clase de maneira que o mestre/a non sexa o único que "ensina", senón que tamén os alumnos, en pequenos equipos de traballo cooperativo, sexan capaces de "ensinarse mutuamente, de cooperar e axudarse á hora de aprender, proceso que favorece a propia aprendizaxe e o desenvolvemento integral do alumno.

En definitiva, se queremos resultados novos en Educación, debemos implantar metodoloxías novidosas, que fagan ao alumno protagonista da súa aprendizaxe.