Aberto o prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo para o curso 2018-2019.
Presentación das solicitudes:
Pódese facer mediante presentación dun formulario físico cuberto ou ben de forma telemática na aplicación da Consellería de Educación.
- Formulario físico (ED550B). Pode cubrilo online, imprimilo e entregalo na Secretaría do centro ou recoller o impreso na secretaría e presentalo debidamente cuberto.Ver arquivo adxunto.
- Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado
O COLEXIO PERTENCE ÁS ZONAS EDUCATIVAS:
Nº 8 (INFANTIL E PRIMARIA): Comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguida da Avda. de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluindo nesta zona a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de Carneiras-Matamá.
Nº 2 (EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA): Comprende a banda esquerda da rúa Coruña (subindo dende Beiramar) ata a praza de Eugenio Fadrique, collendo pola rúa Tomás A. Alonso (banda esquerda) ata López Mora (banda esquerda), rúa José Frau(esquerda) ata a praza da Independencia, subindo por Pintor Colmeiro (esquerda) ata o cruce coa rúa Salamanca (esquerda) e collendo por ésta ata o cruce coa Gran Vía e subindo por ésta (tódala marxe esquerda) ata chegar ó cruce coa rúa Urzáiz e baixando por ésta tódala marxe esquerda atachegar a Montero Ríos (zona centro)
O CENTRO COMUNICA QUE HAI PRAZAS VACANTES PARA:
ETAPA Curso/nivel Grupos Vacantes
Educación Infantil:
4º EI Grupos: 2 Vacantes: 50
5º EI Grupos:2 Vacantes: 3
6º EI Grupos:2 Vacantes: 3
Educación Primaria:
1º EP Grupos:2 Vacantes:8
2º EP Grupos:2 Vacantes:7
3º EP Grupos:2 Vacantes:19
4º EP Grupos:2 Vacantes:2
5º EP Grupos:2 Vacantes:0
6º EP Grupos:2 Vacantes:0
E.S.O.:
1º Grupos:3 Vacantes:38
2º Grupos:3 Vacantes:32
3º Grupos:3 Vacantes:35
4º Grupos:3 Vacantes:30
BACHARELATO:
Hai vacantes en 1º e 2º
PRAZOS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS
1.-DO 1 AO 20 DE MARZO: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.
2.- DO 23 DE MARZO AO 5 DE ABRIL: PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO.
3.- ANTES DO 25 DE ABRIL: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. RECLAMACIÓNS.
4.- ANTES DO 15 DE MAIO: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNOS.
A Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/3/2013) regula o procedemento para a admisión do alumnado. Poden consultala pinchando no enlace correpondente na web do Colexio ou tamén na páxina da Xunta de Galicia.
Criterio complementario: O Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Vigo ven de establecer como "criterio complementario" para a baremación no proceso de solicitude de admisión, a circunstancia relevante e xustificada de ser fillo/a de antigo/a alumno/a do noso centro en primeiro lugar ou doutros centros de Carmelitas. A valoración deste criterio é de 1 punto. Este criterio complementario acreditarase cunha certificación da Secretaría do Centro na que se expoña que é antigo/a alumno/a do mesmo, co visto e prace da Dirección.
NOTA IMPORTANTE:
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción.A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado do centro que presente solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado con reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Servizos Complementarios que ofrece o Centro:
Acollida Matinal
Comedor
As actividades extraescolares que ofrece o centro figuran na páxina web.