As Normas de Convivencia do Centro definen as características das condutas que deben promoverse para acadar:
• O crecemento integral da persoa.
• Os fins educativos do Centro.
• O desenvolvemento da Comunidade Educativa
• Un bo ambiente educativo e de relación no Colexio.
• O respecto ós dereitos de tódalas persoas que participan na acción educativa.
ALUMNADO:
RESPECTO
• Respectar ó compañeiro, ó profesor, e ós demais membros da Comunidade educativa, sen rirse de posibles equívocos e defectos.
• Chamar a cada cal polo seu nome, sen referenzas que poidan molestar.
• Facer un correcto uso da linguaxe e ter delicadeza no trato.
• Desculparse se molestou a alguén.
• Adiantarse a dar unha explicación antes de que a pidan.
ESTUDO:
• Ser puntuais nas entradas ó colexio e cambios de clase.
• Acudir a clase co material escolar axeitado e telo ordenado e a punto.
• Manter unha actitude de atención e traballo na clase.
• Non falar nin molestar durante as explicacións.
• Tomar nota das tarefas que encomendan os profesores e realizalas.
• Previr as cousas, evitar pedir permisos innecesarios.
LIMPEZA:
• Coidar a hixiene persoal.
• Presentar os traballos sempre limpos e ordenados.
• Manter limpos e coidados os pupitres, paredes e dependencias en xeral.
• Manter limpos e coidados os libros.
• Non comer nin beber nas clases.
• Facer un uso axeitado das papeleiras, tanto na clase coma nos patios.
• Os/as alumnos/as, ata 2º de ESO inclusive, han de traer o uniforme completo e limpo. A saia é plisada e non tableada. As bufandas deben ser brancas ou azuis. Os abrigos teñen que ser azuis.As sudaderas teñen que ser brancas ou azuis e non poden sustituir á chaqueta do chandal.
• A partir de 3º de ESO deben vir coa roupa axeitada ó Centro.
• Non se permite asistir ó colexio con piercing.
AMBIENTE ACOLLEDOR:
• Camiñar polos corredores e escaleiras sen présas, sen empurróns e sen berros.
• Moverse polo colexio polos lugares indicados, (escaleiras, entradas e saídas,...) procurando facelo cada quen pola dereita.
• Utilizar un ton moderado de voz usando un vocabulario apropiado.
• Traer a correspondente xustificación cando se falte á clase e chamar á secretaría do centro.
• Pedir permiso ao profesor para entrar, no caso de chegar tarde, e explicar o motivo máis tarde.
• Non saír ao corredor nos cambios de clase e esperar dentro da aula, nunha actitude de orde, a chegada do profesor.
• Non traer ó Colexio obxectos cos que poidan danarse a si mesmos e ós demais.
• Durante a xornada lectiva os alumnos deben ter o teléfono móbil apagado.
• Está prohibido o uso do teléfono móbil no Colexio, así como calquera outro aparato gravador ou reproductor (cámaras de fotos, Blackberry, Ipod, MP3, etc.).
RECREO:
• Non se pode quedar nas aulas, corredores, nin outras dependencias.
• Permanecer no patio ata oír o sinal correspondente, disfrutando do tempo de lecer cos demáis.
• Non usar balóns duros e non colgarse das canastras nin porterías.
• Usar os servizos do patio.
OUTROS:
• Para poder saír durante o horario escolar entregar ao titor/a unha nota escrita do pai, nai ou titor legal, debendo vir a buscalo persoalmente.