Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Noso colexio leva dende a ano 2011 neste proxecto sendo pioneiro neste senso.
Un ultraportátil para cada alumno de 1º e 2º da ESO
Os ultraportátiles para os alumnos son un equipo de tipo tablet PC e táctil, que cumpre funcións de ordenador portátil e lector de documentos electrónicos.
Trátase do modelo INVES NOOBI 10, un equipo lixeiro, de tamaño reducido e cunha pantalla TFT LCD rotatoria que evita que os nenos teñan que forzar a vista ou adoptar posturas inadecuadas. Ademais, incorpora un asa elástica que facilita o seu transporte.