Estimadas familias:
Poñémonos en contacto convosco para lanzar a oferta de actividades extraescolares do próximo curso 25-26. A información e a inscrición transmitiranse a través duns formularios. Como novidade este ano a inscrición pódese facer xa nos meses de xullo e agosto.
Unha vez recibidas as solicitudes, o Equipo Directivo valorará aquelas que se poidan poñer en marcha tendo en conta o número de alumnos anotados en cada actividade. Adiantamos as seguintes instrucións que debedes ter en conta antes de apuntar aos vosos fillos:
1. Cúbrese un formulario por alumno. É importante completar ben os datos persoais.
2. O prazo para apuntarse rematará o luns 15 de setembro ás 17:00 h. Non se admitirán solicitudes unha vez pechado.
3. Se xurdisen dúbidas sobre actividades que coincidan en día e hora, será necesario priorizar unha delas, para un maior aproveitamento das mesmas e unha mellor organización á hora de formar os grupos.
4. Os pagos realízanse mediante cargo bancario. Para poder inscribir a un alumno neste novo curso é necesario ter liquidado o saldo negativo de cursos anteriores, en caso de que exista algún recibo pendente.
5. As actividades que finalmente se poidan levar a cabo comezarán o 1 de outubro, no día e hora sinalado para cada unha. Notificaranse con antelación aquelas actividades que se poidan realizar.
INSCRIPCIÓN EXTRAESCOLARES ESO/BAC
Un saludo,
El Equipo Directivo
