Na tarde do luns, 16 de Maio, co motivo da celebración do día das nosas letras, tivo lugar a 1ª festa da lingua na que os nosos alumnos puideron disfrutar da Nosa cultura con música tradicional galega, a cargo de grupo de gaitas O torreiro de Priegue, coa visita de tres mulleres palilleiras , do noso patrimonio, agochado como o mellor dos nosos tesouros en dous museos habilitados para tal fin ( cestería e fotografía e o museo cultural) e, como non , da nosa comida e sobremesas tradicionais( empanadas, filloas, melindres, rosquillas, leite frito...)

 

Foi a de onte unha tarde de agradecer: a todos os integrantes do Equipo de dinamización da lingua, á dirección do centro, a todos os compañeiros do centro pero, mención especial temos que lle dedicar , tanto aos compoñentes do grupo de gaitas do Torreiro de Priegue: Gabino, Uxío, Ángel e Thays , que nos fixeron bailar ao son da súa música cun amplo repertorio de cancións tradicionais, pezas típicas como a Rianxeira ou a saia da Carolina e que nos fixeron disfrutar moitísimo dinamizando aos nosos alumnos e facendo a tarde máis divertida e festiva como merecía; tamén ás nosas compañeiras , Silvia e Paula que acompañaron coas súas pandeiretas a festa, ás nosas palilleiras: Marité Ledo, Celia Martín e Mari Carmen Otero e, por suposto a Manuel Piñeiro, por toda a súa arte no traballo do mimbre con pezas de incalculable valor, cultural e artístico, patrimonio exemplar do noso.

gale
Parabéns aos nosos alumnos que participaron colaborando para que todo saise á perfección .
Agardamos que o noso proxecto, nado da ilusión, chegase a contribuir e valorar un pouco máis a nosa cultura.