Resumo da Orde, que poden consultar na nosa páxina web ou no portal educativo da Xunta:
Obxecto da convocatoria:
A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.
A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Lugar e prazo de presentación:
As solicitudes entregaranse preferiblemente nos centros docentes. O prazo para presentar solicitudes rematará o 23 de xuño de 2016.
Os formularios poderán obterse nos centros e tamén estarán dispoñibles no portal educativo no enderezo electrónico: (www.edu.xunta.es).
Documentación:
As solicitudes do alumnado de Educación primaria e Educación secundaria obrigatoria irán acompañadas da documentación acreditativa das circunstancias alegadas (copia do libro de familia, sentenza xudicial de separación ou divorcio,etc).
Contía das axudas:
Educación primaria (1º e 2º):
• Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 euros.
• Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 euros.
Educación secundaria obrigatoria (2º e 4º):
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 180 euros.
Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 104 euros
Alumnado de educación especial: 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.
A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado de EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.
Renda per cápita familiar:
A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2014 entre o número de membros da unidade computables.
Cando presentase declaración do imposto sobre a renda de 2014, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 445); cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2014.
Obrigas dos beneficiarios:
1.- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/2016.
2.- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2016/2017 e devolvelos ao rematar este. académicos.
3.- Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
4.- Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.