O día 10 de xuño, venres, tivo lugar na sala Eissenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a 5º edición dos PREMIOS REC-CURTA no que lles foron outorgadas as distincións de mellor actriz a Sabela Fernández Rodríguez polo seu papel na curtametraxe A-mar e o premio de mellor guión á curtametraxe Sempre con nós, elaboradas polos alumnos de 4º ESO.inteligenciasmultiplesbrown

Curtametraxe :   Sempre con nos.

Curtametraxe :   A-mar.

Fotos da entrega de premios.

 

 

O acto, presentado por D. Xosé Francisco Martínez Reboiras, Secretario Autonómico de Escolas católicas, contou coa presenza do Secretario Xeral de cultura, D. Valentín García, quen lles dedicou unhas palabras enchidas de agradecementos ao labor dos participantes aos quen lles recoñeu que, ademais de fomentar o uso das tic´s e da nosa lingua a través do cine dixo que é ” outra maneira de contar as historias e transmitir as ideas paralela á literatura” e que lles permite aos nosos alumnos expresar a súa creatividade e ” descubrir o valor do galego para comunicar o seu propio universo en calquera espazo ou soporte” .A importancia das emocións a través da cinematografía, o traballo actoral, a música, o vestiario, o atrezzo, o guión , a lingua etc , alegou que é o que lle confire calidade ás curtas presentadas ao concurso .

Ademais da entrega de premios ás curtametraxes gañadoras, tamén se entregaron os galardóns aos escritores máis valorados polos alumnos nos premios Frei Martín Sarmiento de lectura, sendo recoñecido o traballo de autores como: Paula Carballeira, Agustín Fernández Paz, Santiago Jaureguizar e Francisco Castro.

Que mellor maneira de contribuir a impulsar e promover o uso do galego que facendo algo gratificante pois:” se aprende facendo”

Marta Fernández González, Belén Ballesta García, María Domínguez Domínguez, Geribel Mamani Arenas, Nerea Rambozzi Ríos, Santiago Umbría García, Víctor Vidal Sánches, Sabela Fernández Rodríguez e Sergio Falagán Rodríguez.

Parabéns a todos polo traballo ben feito!!!