Os alumnos de 5º de EP disfrutaron este pasado martes dunha estupenda xornada ao aire libre no Lago Castiñeiras. Da man dos guías da Aula da Natureza de Cotorredondo percorreron a zona descubrindo toda a maxia que se agocha na natureza. A historia do lago, a evolución do monte ao longo dos anos, árbores autóctonas e foráneas, herbas, fungos, mámoas... Tamén houbo tempo de lecer. Risas e convivencia para un remate de curso fantástico.
