Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos público s, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 7/2/2018), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 16.4 desta Orde de convocatoria.
Listaxes definitivas de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación:

1 ºESO.
2° ESO.
3° ESO.
4° ESO.
1° Bach.
2° Bach.

Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web http://www.edu.xunta .es/axudasle. Ábrese un prazo de 5 días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria , a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario, a seguinte documentación :

1. Aceptación ou renuncia á axuda (anexo III da Orde de convocatoria).

2. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado no menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa ( http ://www.edu.xunta .es/axudasle ). Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior. A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo implica a renuncia á praza adxudicada.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2018