• Xa están publicadas as listaxes provisionais de libros de texto para o curso 2020/2021.Segundo indica a convocatoria, as listaxes soamente estarán expostas no taboleiro do centro, en horario de 10 a 13 horas. Tamén podedes chamar por teléfono, nese mesmo horario, para consultarnos.
  • Os libros de texto de 3º e 5º de Educación Primaria adxudicados a cada familia, seguindo instrucións da Consellería de Educación, os mercará o centro. A adxudicación poderá comprobarse nas listaxes definitivas que se publicarán o 17 de xullo.
  •  Os vales do material escolar entregaranse na secretaría do centro en horario de 10 a 13 horas. Poden autorizar por escrito a otras persoas para vir a recoller os vales.