Estimadas familias:

Comenza un novo curso e poñemos en marcha o servizo de acollida matinal que empezará o xoves 10 de setembro. Antes de cubrir o formulario de inscrición, lede con atención as seguintes indicacións:

O formulario pecharase o venres 4 de setembro, ás 14:00 h. Durante este prazo anotaranse tanto aos alumnos que empecen en setembro como aos que o fagan en outubro. É obrigatorio facer unha inscrición por alumno.

Poderán facer uso deste servizo tamén os alumnos de 1º da ESO, en horario de 7:30 h a 8:30 h.

Continuamos coa posibilidade de acollerse a este servizo por días soltos. Neste caso, as familias que o necesiten terán que comunicalo na secretaría do centro o día anterior.

Os pagamentos realizaranse mensualmente mediante cargo bancario. Para poder inscribir a un alumno neste novo curso é necesario ter liquidado o saldo negativo do curso anterior, no caso de que exista algún recibo pendente.

A continuación detallamos os prezos para este curso segundo a modalidade escollida:

MODALIDADE

PREZO (outubro-maio)

PREZO MES SETEMBRO E XUÑO

Mes desde as 7:30 h

46 euros/mes

36 euros

Mes desde as 8:00 h

41 euros/mes

31 euros

Mes desde as 8:30 h

36 euros/mes

26 euros

ESO

Mes desde as 7:30 h

41 euros/mes

31 euros

Mes desde as 8:00 h

36 euros/mes

26 euros

Días soltos/fixos eventuais desde as 7:30 h

4 euros/día

Días soltos/fixos eventuais desde as 8:00 h

3,50 euros/día

Días soltos/fixos eventuais desde as 8:30 h

3 euros/día

Attachments:
Download this file (_Acollida matinal 26-27.pdf)_Acollida matinal 26-27.pdf[ ]223 kB