Benqueridas familias:
Unha vez máis poñémonos en contacto convosco, nesta ocasión para vos informar sobre o servizo de comedor para este curso 26-27.
Antes de anotar aos vosos fillos, lede con atención as seguintes indicacións:
● O formulario de inscrición pecharase o venres 4 de setembro, ás 14:00 h.
● O servizo de comedor comezará o xoves 10 de setembro.
● É necesario facer unha inscrición por alumno.
● O formulario deberán cubrilo neste prazo os que necesiten empezar en setembro ou en outubro.
● Durante os meses de setembro e xuño, a recollida dos nenos será ata as 15:00 h. Este horario manterase tamén todos os venres do curso.
● As familias que fagan uso do servizo de comedor en días puntuais deberán comunicalo antes das 9:30 h do mesmo día.
● As familias usuarias comprométense a ler e aceptar as normas do comedorunha vez cuberto o formulario de inscripción.
● Os pagamentos realizaranse mensualmente mediante cargo bancario. Para poder inscribir a un alumno neste novo curso é necesario ter liquidado o saldo negativo do curso anterior, no caso de que exista algún recibo pendente.
A continuación detallamos os prezos para este curso segundo a modalidade escollida:
Abono mensual de luns a venres: ………………….. 130 euros/mes
Abono mensual de luns a xoves: …………………… 113 euros/mes.
Pagamento por días soltos: ………………………….. 9 euros/día
Eventuais fixos: ……………………………………….. 9 euros/día
Mes de setembro
Fixos de luns a xoves: ……………………………….. 94 euros/mes
Fixos de luns a venres: ………………………………. 114 euros/mes
Un saúdo
A dirección
