A Secretaría e a Administración do Centro están abertas ao público nos días lectivos, de luns a xoves: de 9,30 a 13,00 h. e de 16,00 a 18,00 h e o venres de 9,30 a 13:30 h.
Para unha maior eficacia e organización os pais que desexen ser recibidos polo titor ou polo director poden solicitalo a través do seu fillo ou por teléfono concretando o motivo e a data da cita.
Todos os documentos deben ser solicitados cun día de antelación
.
Ed. Infantil e ed. Primaria:
De luns a xoves:
- Mañá de 9:10 a 12:30.
-Tarde de 15:20 a 17:30.
Venres: -Mañá de 9:10 a 14:00.
Setembro e Xuño de 9:10 a 13:50.
Servizos complementarios:
-Acollida matinal dende as 7:30.
-Extraescolares e comedor de 12:30 a 15:20.
ESO e Bacharelato:
Luns :
-Mañá de 8:30 a 14:30.
-Tarde de 16:00 a 17:50.
Martes a venres :
-Mañá de 8:30 a 14:30.
Setembro e Xuño só de mañá.
As Normas de Convivencia do Centro definen as características das condutas que deben promoverse para acadar:
• O crecemento integral da persoa.
• Os fins educativos do Centro.
• O desenvolvemento da Comunidade Educativa
• Un bo ambiente educativo e de relación no Colexio.
• O respecto aos dereitos de todas as persoas que participan na acción educativa.
ALUMNADO
RESPECTO:
Respectar ao compañeiro, ao profesor, e aos demais membros da Comunidade educativa, sen rirse de posibles equívocos e defectos.
Chamar a cada cal polo seu nome, sen referencias que poidan molestar.
Facer un correcto uso da linguaxe e ter delicadeza no trato.
Desculparse se se molestou a alguén.
Adiantarse a dar unha explicación antes de que a pidan.
ESTUDO:
Ser puntuais nas entradas ao colexio e cambios de clase.
Acudir a clase co material escolar axeitado e telo ordenado e a punto.
Manter unha actitude de atención e traballo na clase.
Non falar nin molestar durante as explicacións.
Tomar nota das tarefas que mandan os profesores e realizalas.
Previr as cousas, evitar pedir permisos innecesarios.
LIMPEZA:
Coidar a hixiene persoal.
Presentar os traballos sempre limpos e ordenados.
Manter limpos e coidados os pupitres, paredes e dependencias en xeral.
Manter limpos e coidados os libros.
Non comer nin beber nas clases.
Facer un uso axeitado das papeleiras, tanto na clase coma nos patios.
Os/as alumnos/as, ata 2º de ESO inclusive, han de traer o uniforme completo e limpo. A saia é plisada e non tableada. As bufandas deben ser brancas ou azuis. Os abrigos teñen que ser azuis. Os suadoiros teñen que ser brancos ou azuis e non poden substituir á chaqueta do chándal.
A partir de 3º de ESO deben vir coa roupa axeitada ao Centro.
Non se permite asistir ao colexio con piercing.
AMBIENTE ACOLLEDOR:
Camiñar polos corredores e escaleiras sen présas, sen empurróns e sen berros.
Moverse polo colexio polos lugares indicados (escaleiras, entradas e saídas)
procurando facelo cada quen pola dereita.
Utilizar un ton moderado de voz usando un vocabulario apropiado.
Xustificar, a través da plataforma ou por escrito, as faltas de asistencia e de puntualidade.
Pedir permiso ao profesor para entrar, no caso de chegar tarde, e explicar o
motivo máis tarde.
Non saír ao corredor nos cambios de clase e esperar dentro da aula, nunha
actitude de orde, a chegada do profesor.
Non traer ao Colexio obxectos cos que poidan danarse a si mesmos e aos demais.
Durante a xornada lectiva os alumnos deben ter o teléfono móbil apagado.
Está prohibido o uso do teléfono móbil no colexio, excepto naqueles casos nos que con autorización e baixo vixilancia do profesor se utilice para fins educativos.
RECREO:
Non se pode quedar nas aulas, corredores, nin outras dependencias.
Permanecer no patio ata oír o sinal correspondente, disfrutando do tempo de lecer cos demais.
Non usar balóns duros e non colgarse das canastras nin porterías.
Usar os servizos do patio.
OUTROS:
Para poder saír durante o horario escolar débese entregar ao titor/a unha nota
escrita do pai, nai ou titor legal, debendo vir a buscalo persoalmente.
PAIS E NAIS
Teñen dereito a recibir información do profesor-titor daqueles aspectos relacionados co desenvolvemento académico dos seus fillos/as.
Teñen dereito a coñecer o calendario escolar e as actividades escolares que se realicen.
Deben proporcionar aos seus fillos o material escolar necesario para o desenvolvemento das actividades diarias.
Deben cooperar co Centro en todo o que respecta á educación do seu fillo/a colaborando no cumprimento destas Normas de Convivencia.
Deben velar pola asistencia puntual a clase do seu fillo/a.
Deben acudir ao Centro sempre que sexan requiridos polos profesores e manter un estreito contacto co Colexio.
Deben xustificar na plataforma ou por escrito as faltas de asistencia ou puntualidade do seu fillo/a.
Poden acompañar aos seus fillos/as ata a entrada do Colexio pero, en ningún caso, deberán entorpecer as filas, entrar no Centro nin poñerse diante das portas, para non obstaculizar as entradas e saídas do alumnado.
Deben mostrar cara o Colexio unha actitude de colaboración, respecto e participación.
MEDIDAS CORRECTORAS
Medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia:
Realización, dentro ou fóra do horario lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e ao desenvolvemento das actividades do centro.
Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro por un período de entre dúas semanas e un mes.
Cambio de grupo.
Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de entre catro días lectivos e dúas semanas.
Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catro días lectivos e un mes.
Cambio de centro.
Medidas correctoras das condutas leves contrarias á convivencia:
Amoestación verbal privada ou escrita.
Comparecencia inmediata ante o coordinador de ciclo ou a xefatura de estudos.
Realización de traballos específicos en horario lectivo.
Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e ao desenvolvemento das actividades do centro.
Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro.
Cambio de grupo.
Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días lectivos.
Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos.
Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.
A concreción destas medidas están detalladas no Regulamento de Réxime Interno do Centro e no Plan de Convivencia.