Cando falamos de educación de Interioridade estamos a falar de crear persoas comprometidas dende o interior, que sexan capaces de afrontar os conflitos como oportunidades de crecemento e saiban facer lecturas profundas das súas vidas.
Nun mundo competitivo, no que os cambios acelerados dan orixe a un novo perfil de persoa, é necesario atender ao SER, aprender a escoitarse a un mesmo conectando co máis profundo e sagrado que cada persoa ten dentro dela.
Crecer nun mundo máis relaxado e reflexivo, fai que mellore o proceso de ensino-aprendizaxe. Tamén fai que se potencie a motivación persoal e a creatividade, e capacita a quen así se desenvolve, para valorar e gozar das cousas sinxelas.
A pedagoxía da Interioridade ensina a vivenza dos valores sociais, morais, estéticos, intelectuais, afectivos e ambientais. O que leva consigo axudar a ter unhas convicións profundas e desenvolver unha personalidade firme.
Educar no silencio e a Interioridade, é ensinar a achegarse á vida cunha mirada que non queda na superficie das cousas, senón que traspásaa e permite a análise e a valoración do esencial.
Os valores que consideramos importantes,dende os cales realizamos a nosa tarefa docente e que promovemos nos nosos alumnos:
-Amor, respecto, autodisciplina, asertividade.
-Descubrimos os potenciais e os talentos dos nosos alumnos para dende aí deseñar as aprendizaxes significativas.
-Solidariedade e empatía.
-Actitude reflexiva e responsable na toma de decisións; capacidade para asumir compromisos.
-Esforzo, constancia e hábito de traballo; ensinamos a traballar con alegría e sentido do deber.
-Autonomía persoal e resiliencia ante as dificultades da vida.
-Sensibilidade ante os problemas dos demais, participación en actividades de voluntariado, fomento do concepto de responsabilidade social.
-Interese pola cultura, a comunicación e a arte. Desenvolvemento de valores democráticos.
-Preocupación polo medio; fomento do coidado do ámbito.
-Rutinas de pensamento.
-Fomento da creatividade
Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Noso colexio leva dende a ano 2011 neste proxecto sendo pioneiro neste senso.
Un ultraportátil para cada alumno de 1º e 2º da ESO
Os ultraportátiles para os alumnos son un equipo de tipo tablet PC e táctil, que cumpre funcións de ordenador portátil e lector de documentos electrónicos.
Trátase do modelo INVES NOOBI 10, un equipo lixeiro, de tamaño reducido e cunha pantalla TFT LCD rotatoria que evita que os nenos teñan que forzar a vista ou adoptar posturas inadecuadas. Ademais, incorpora un asa elástica que facilita o seu transporte.
Desde el curso 2013-14, el Colegio María Inmaculada participa junto con otros 400 colegios concertados de toda España en el Programa BEDA.(Bilingual English Development & Assessment).
Es un programa flexible, que ayuda eficazmente a la mejora de la enseñanza del inglés, siempre en coherencia con la calidad del resto de las enseñanzas y del Proyecto Educativo y valores del Colegio.
Consiste en una implantación gradual de la enseñanza bilingüe del inglés. Persigue, en última instancia, implementar y optimizar la eficacia de la enseñanza de idiomas en la escuela.
Se basa en tres ejes fundamentales:
Evaluación externa del alumnado y de los miembros de la comunidad educativa del centro (University of Cambridge ESOL Examinations).
Existen tres diferentes modelos de implantación en el Programa Beda, que son:
Modelo de excelencia bilingüe-plurilingüe
Hay tres centros en Galicia que contamos con este modelo de implantación.
Los Colegios con Excelencia plurilingüe, contamos con un ambiente plurilingüe totalmente integrado.
Esto implica:
Intelixencias Múltiples e Aprendizaxe Cooperativa: a unión de dúas metodoloxías para lograr un novo paradigma en educación.
A teoría das Intelixencias Múltiples é un modelo proposto por Howard Gardner no que a intelixencia non é vista como algo unitario e estático, senón como un conxunto de intelixencias diversas, independentes e dinámicas, que poden ser moldeables cun axeitado adestramento. Segundo Gardner posuímos oito intelixencias: lingüística, musical, lóxica matemática, espacial, corporal - kinestésica, intrapersoal, interpersoal e naturalista. As devanditas intelixencias poden desenvolverse e mellorarse a través da práctica e a aprendizaxe.
Empregar o marco das Intelixencias Múltiples na aula refórzase tremendamente se, ademais, o profesor ensina os seus alumnos a traballar cooperativamente. A estruturación cooperativa da aprendizaxe require estruturar a clase de maneira que o mestre/a non sexa o único que "ensina", senón que tamén os alumnos, en pequenos equipos de traballo cooperativo, sexan capaces de "ensinarse mutuamente, de cooperar e axudarse á hora de aprender, proceso que favorece a propia aprendizaxe e o desenvolvemento integral do alumno.
En definitiva, se queremos resultados novos en Educación, debemos implantar metodoloxías novidosas, que fagan ao alumno protagonista da súa aprendizaxe.
Os alumnos de Infantil, desenvolven as suas capacidades utilizando este instrumento na Aula de Novas Tecnoloxías.
As principais aplicacións están orientadas, por una lado, a reforzar e ampliar os conceptos e coñecementos tratados no proxecto educativo a lo longo do curso como, por exemplo, animais, letras e números, cores, puzzles, formas xeométricas ou agrupacións de familia.
A metodoloxía empregada consiste no traballo por pequeños grupos, fomentando os valores como o compañerismo e a cooperación. Estas aplicacións reforzan de maneira automática o neno a través de sonidos, emoticonos ou palabras de ánimo cando o fan correctamente, motivándole así a continuar e superarse.